tag:blogger.com,1999:blog-85574897507643277862024-03-20T21:20:31.583-07:00Diario dunha viaxe por Namibiaaos dez anos de Mariocondadohttp://www.blogger.com/profile/05661990997941790524noreply@blogger.comBlogger8125tag:blogger.com,1999:blog-8557489750764327786.post-86101146343610397402001-09-30T09:29:00.000-07:002009-05-08T23:49:23.058-07:00I Facer as maletas

Ó longo da vida, Mario, haberá infinitas ideas e pensamentos a rondar na túa cabeza, desexos que coma papaventos estarán prendidos en fíos, a diferentes alturas, diferentes distancias, achegándose ou alonxándose segúndo che vaia indo. Tes que andar atento porque ás veces tirar dun fío ou doutro depende dun momento que pode non volver repetirse.

A casualidade fixo que souberamos de Cristina e Jesús, de Namibia e Walvis Bay, que é o lugar onde viven. Tirei do fío do meu papaventos e África foi facéndose cada vez máis grande, vindo cara min chea de cores e músicas.

Despois de ler a Conrad, África converteuse nunha metáfora, unha á de bolboreta dentro da retina, un soño máis forte cá realidade mesma que relata: Congo. Esta foi a viaxe de Javier Reverte: o pouso que Conrad deixou dentro del, o desexo de saber se todo o que Conrad mete no maxín de quen o le existe, pasear pola mesma e única rúa de Brazzaville, subir contra todo o que naturalmente descende ou permanece impasible nas beiras do río da vida, o río Congo, vivir dentro do seu libro.

E Kapuscinski. A viaxe como vida e a vida a través de Kapuscinski: a espera no deserto, os leóns vagos, a loita coa serpe... É formidable. Despois de lelo verás o mundo a través dos seus ollos... Relámbome ó pensar no tempo de lectura que che espera... Na túa propia viaxe.

Normalmente non gosto da lectura de guías, xente que pensa por ti, que che di onde tes que parar, ou durmir, ou sorprenderte, ou rir. Pero Namibia está moi lonxe, na outra metade, no Sur do mundo, e precisas de ir póndolle nome ós soños, ou polo menos situalos con referentes xeográficos que non son por reais menos soñados. O único mapa que atopei véndese xunto coa guía, así que tamén lle botas –como diría o avó– unha visual, quedando cos consellos sobre as augas, a calor, as vacinas e esas cousas que non vén mal recordar.

Abrir un mapa é coma un regalo. Trazas rotas cos dedos e a imaxinación circula a velocidades vertixinosas polas estradas, de cidade a cidade, de rexión a rexión, de país a país... !Namibia! Eu nunca antes mirara con atención para este cacho, sempre vía para África enteira ou para Mozambique e Angola por referentes musicais, sobre todo o Zeca Afonso e o noso amigo Alberto Mvundi... E por suposto nunca vira un mapa tan baleiro coma este de Namibia, tanto que pensei que era un mal mapa. Pero os nomes dentro del tiñan maxia: O Namib, Ethosa, Sossusvlei, Walvis Bay, o Atlántico Sur, o Índico, Cidade do Cabo, Kalahari... E un pouco de historia é imprescindible para comprender un lugar tan inmenso, con estraños límites, tan rectos, tan certeiros todos. Todos menos aquela esquiña de arriba que como unha lingua verde se estiraba dende Namibia para chegar entre Angola, Zambia e Botswana ata Zimbabwe: O Caprivi. Tamén iría até aló...

condadohttp://www.blogger.com/profile/05661990997941790524noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8557489750764327786.post-39000687361319884822001-09-29T09:42:00.000-07:002009-04-30T12:26:41.468-07:00II Voos e aeroportos

Cada certo número de asentos hai pantallas de televisión. Agora mesmo informan de que estamos sobre Tamanrasset no deserto do Sáhara. Voamos a 10Km por riba da terra e a 940 Km/h. Fóra do avión a temperatura é de -40º, dentro estamos a 23º. É un avión inmenso modelo Airbus. Estou atravesando medio mundo, saltando dun a outro continente, do finis terrae ó fondo do cu do vaso que é África, do Atlantico ó Pacífico, de Vigo a Johannesburgo.

Nos ollos das persoas que voan neste avión non se le moita cousa. Tal vez acostumados ás inmensidades, os seus ollos permanecen inmutables. Tampouco moitas cores. A maioría dos pasaxeiros teñen pinta nórdica, ollos claros, azuis, e o cabelo louro, case branco. Hai uns pequenos xogando polo avión que terán mais ou menos a túa idade. Un é louro, dous son negros e hai outro moi moreno; pode ser indio. Falan inglés entre eles e rin non sei de qué, posto que eu non falo a súa lingua. Miro para eles, escribo das súas cores de pel, dos seus países e eles quizais sexan todos da mesma cidade, vivan nun lugar semellante, ata no mesmo barrio, e nin sequera noten as súas diferencias. Estaría ben, ¿non? Iso sería mirar o mundo desde arriba, dende a altura deste avión.

Dentro de pouco tocaremos terra, realidade: Johannesburgo. Iamos atrasados para coller o enlace con Namibia e avísannos de que pasaremos a noite nun hotel da cidade. “¡Nin se vos ocorra saír do hotel e menos pola noite!, dínos a azafata, ¡sería de tolos!”. ¿Será ese o horror do que fala Conrad e que retrata tan ben Kapucinski? Creo que si, que o horror –que quizais non sexa tanto como di a azafata– debe de esconderse agora noutras selvas, nas de asfalto e rañaceos de cidades como Johannesburgo.

Nas aforas da cidade péganse propiedades con casas pequenas a grandes granxas, pero sempre valadas con arame de picos por riba, arame roscado que eu só vira nas películas, nos campos de concentración nazis ou nos cárceres de guerra yankees. É moi desagradable esta visión da cidade que, din as estatísticas, é a mais insegura do mundo.

Gosto sen embargo do seu aeroporto: un formigueiro, unha loucura de xentes, de razas, de cores, de olores, de caras. Mais tamén de gardas, de vixilantes, de militares, de uniformes de servicio do propio aeroporto e mil policías máis. Despois do airbus, o avión que nos leva a Windoek, capital de Namibia, máis parece un tranvía. Tardamos quince minutos en deixar de ver Johannesburgo, xa te podes dar de conta a cantidade de casas de folla de lata que pegan a súa pobreza contra os muros de luxo e moda da gran urbe: ¡millóns! Impresiona velas dende arriba, apiñadas, ordenadas ás veces, sen avenidas que as separen nin zonas verdes. Pasamos tamén sobre o Kalahari, pero tan alto que non vin animais, nin bosquimáns, que son os habitantes deste deserto. Só vin deserto, predeserto, montañas calvas e logo máis deserto... E de súpeto presión nos oídos, o avión da British que baixa e baixa –deserto e deserto– e segue a baixar... ¿A onde ira?... Penso en esnafrarme sen remedio... E por fin: asfalto, unha pista, aterraxe perfecto: Windoek. Apenas vemos nada a través da ventá: uns cantos avións e pouco máis. Ó baixar unha lixeira bocanada de calor, sol claro e todo pequeno menos os avións. Sigo mirando: ¿onde estará África? Moi lonxe, despois das pistas, naquela pouca herba seca que predice sabana, onda aquel espiño que non está a comer xirafa algunha. Si, África debe estar alí.

En Windoek leváronnos de furgalla dende o aeroporto ata outro máis pequeno no centro da cidade, un aeroporto estraño, sen avións, tan só avionetas. Maletas, carros, pasaportes, policía, e case ninguén mais ca nós e uns señores que rían e unha moza que tamén ría... Rían de nós, da nosa cara de parvos ó descubrirmos que iriamos ata Walvis Bay naquelas pequenas avionetas, do Pacífico ata o Atlántico outra vez, naquelas... ¡Formidable! As avionetas, Mario, son coma anxos sobre o deserto, coma aves sen presa, aguias que soben e baixan sobre un solo ás veces escuro, outras menos, gretas negras de mineral de ferro, area e máis area: O deserto do Namib. E ó lonxe, o mar: a Walvis só chegan os anxos

condadohttp://www.blogger.com/profile/05661990997941790524noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8557489750764327786.post-10752278154294673742001-09-28T07:31:00.000-07:002009-04-30T12:29:44.703-07:00III Walvis Bay

Walvis é pequena, pouco comercio, ningunha casa importante ou monumento que nos chame a atención. A rúa que atravesa dun lado a outro a cidade, paralela ó mar, ten o nome do presidente do goberno: Sam Mnujoma, as demais só número: 1, 2, 3... Walvis é curiosa e limpa, vive do mar e dos barcos que o habitan dentro dunha baía protectora no medio do Atlántico. Dentro desa baía Walvis ten ao sur unha lagoa tranquila e espléndida rodeada por un paseo que a abre coma un abano ao barrio residencial de Meersig, unha lagoa chea de aves, sobre todo de flamengos, brancos, negros, vermellos e rosas. No ceo de Walvis os pelícanos xogan no vento. Supoño que dende arriba poden ver nas aforas, ao norte, o barrio mulato de Kuisebmond e o barrio negro de Narraville. As valas do porto industrial impiden o acceso ó mar dende o centro da cidade. Hai sen embargo acceso libre ao mar de area que cobre de dunas as costas de Walvis: O deserto de Namib.

Walvis vai crecendo porque as dunas invaden o mar a forza de tormentas de area que a marea desfai co seu movemento constante sen deixar que se formen montañas ou dunas dentro dos seus límites. O resultado son quilómetros e quilómetros de solo que utilizan como salinas, interminables, como todo en Namibia. E non sei porqué nin mo souberon explicar pero as salinas, dependendo cecais da cantidade de auga, variaban a súa tonalidade entre branca e vermella da mesma forma que os miles de flamengos que habitan este espectáculo; son tan grandes que pensei que non podería ver nunca mar aberto, sempre había no medio outra salina mais.

Perto de Walvis está Swakopmond unha pequena vila turística alemana que alguén puxo aquí no medio do deserto do Namib, cos seus edificios coloniais de pedra e tellados de lousa inclinados para que a neve esvare. É curioso que cando os alemáns colonizaron estas terras construiran edificios, rúas e prazas idénticas as do lugar de onde viñan. O deserto encargouse de enterrar algunha destas cidades agora abandonadas, outras como Swakopmond creceron e son agora testimonio fermoso do colonialismo irracional que todavía se percibe. Sendo positivo, é bárbaro poder tomar unha xerra de boa cervexa nunha cervexería alemana no medio do Namib.

É unha lagoa fermosa esta de Walvis. Agora mesmo estou sobre ela, nun restaurante todo en madeira que se levanta en touradas sobre o mar que a cobre. Hai millóns de flamengos no horizonte da miña mirada. O solpor vai traducindo seus corpos en reflexos que perden pouco a pouco a cor até perderse no gris da noite. Despois nada. Levamos dous días en Walvis e Jesús trouxonos a cear aquí. O chan deste restaurante ten ventás de cristal baixo as mesas e agora mesmo vexo pasar pelícanos que deben andar a pescar, supoño. Levamos tempo tamén vendo e non vendo unha pequena pero rapidísima foca que come no peixe como nós o facemos nestas ostras e nesta carne de Kudu –unha especie de cervo grande coma un cabalo. Será imposible que esqueza este momento e a través del, este lugar, esta lagoa. Eu podería vivir feliz aquí sen dúbida.

condadohttp://www.blogger.com/profile/05661990997941790524noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8557489750764327786.post-55884039546315595272001-09-27T10:34:00.000-07:002009-04-30T12:34:32.539-07:00IV Camiño de Sossusvlei

Cando escurece segues a ver o sol, que como unha pelota de pimpón laranxa faise cada vez máis pequena ata caer case que de golpe perdéndose de vista en segundos. Ó mencer sen embargo, co día xa vestido, sae a pelota de pimpón que crecerá amareleando rapidamente ata que de tan quente non a poidas, nin a queiras, mirar.

Para durmir buscamos acubillo baixo unhas árbores –aquí toda a vida está baixo as árbores– e non estivemos sós, unha partida de traballadores que arranxan as pistas foron os nosos veciños. Eles durmiron ó relente, tapados cunhas mantas; nós en tendas de campaña.

Espertei cedo e andei en dirección a un canón próximo que na época de chuvias acolle un río caudaloso. Do outro lado do canón vin dous rebaños de orix. ¿E ese ruído? Parecía un sapo, non, moitos sapos e moi distantes uns dos outros. Tentei de achegarme, pero era dar uns pasos, devagarísimo, e nada ¡silencio!, despois acordeime, porque o vira nunha reportaxe, que son uns grandes e ruidosos escaravellos. O chan estaba cheo de pisadas por todas partes, parecía que durmiramos entre rabaños de animais. Claro, en África, pola calor, todo se move de noite. Ás veces esquézome que estamos no deserto.

A herba amarela ía cubrindo a area coa velocidade do coche. Un pouco máis adiante vimos dúas mulleres e uns pequenos por abaixo da pista, recollendo auga dunha poza que producía dor de estómago tan só mirala. Segundo parece están acostumados a esta auga e non lles pasa nada por beber dela, pero eu non creo que isto sexa certo, dimo o estómago e o corazón.

A través da paisaxe semidesértica ían aparecendo orix e avestruces que nos servían de distracción. Falabamos dende un 4x4 a outro: “Atención, vehículo na proa” (outro coche que viña); ou tamén:“Parella de avestruces pola dereita”,”Corto e cambio”, “Eu tamén”, “Copio”... E así ata chegar a Solitaire, unha estación de servizo con bar-tenda moi especial. Dous surafricanos compraron esta farma que é como por aquí lles chaman ás granxas e montaron esta gasolineira que está a case que trescentos quilómetros de toda “civilización”. Pregúntome como en lugar tan apartado e con tan pouco negocio, os empregados son tantos e negros, aínda que o bar o atenden os surafricanos brancos. Chamoume tamén a atención unha carne seca de diferentes animais: vaca, kudu, ostrix, orix.... Jesús díxome que se chamaba “Bilton” que a de Solitaire era de vicio, pero que iriamos comprando de camiño posto que había en todas as farmas e campings.

No camping de Sossusvlei dinnos que non hai sitio, pero que se esperamos dúas horas quizais teña arranxo. Esperamos. Sossusvlei é un Parque Natural, o único lugar permitido ó público dentro do deserto do Namib, e este é o único camping dentro do parque. Dende aquí éntrase case ata o mar por unha soa estrada entre dunas inmensas até chegar ás abas das dunas máis altas do mundo. A través desa estrada penetramos despois de solucionar o do camping, no deserto do Namib. As dunas interminables forman unha paisaxe máxica de cores non esperadas que cambian coa luz e coa tarde. Impresionaríate ver a cantidade de cores de area que existen e a variedade incrible de animais adaptados a este deserto. Pola estrada vemos moitisimas springs ou gacelas saltarinas, orix, avestruces, tamén cebras, pombas e rulas... A area é practicamente impermeable –dime Jesús– e toda a auga que produce o orballo da noite, esvara polas abas e mantén unha humidade constante nos vales; é por iso que vemos herba e ata algunha árbore pegada ás ladeiras.

Subir ás dunas non é fácil, tes que andar polo vértice da area, desfacéndoo con coidado, se pisabas uns centímetros máis aló o pé entérrase, perdes a verticalidade, precisas de facer un gran esforzo para volver andar. Ademais, a altura cada vez maior dáche sensación de vertixe, sentes que dun momento a outro caerás a rolos ata o fondo dun dos vales que ía conformando a gran duna e que non poderías saír de alí. Ó chegar arriba todo foi ben diferente e atractivo. O infinito dunar, as cores das areas, os miles de pequenos e grandes vales que separan as dunas dándolles perspectiva e profundidade... Todo diferente... e vivo: había todo tipo de escaravellos correndo pola area coma se estiveran a facer surf a velocidades vertixinosas, non parecía que tocaran o chan. Aparecían a cada paso baixo a area e comezaban coas súas carreiras. Non os vimos pero tamén hai elefantes, leóns e leopardos nesta zona, totalmente adaptados ó deserto. E cobras, moitas cobras que tamén viven baixo a area, cobras tan velenosas como a Mamba –que Santi me ensinou antes de vir:“Hai dous tipos, a Mamba branca e a Mamba negra. Diferéncianse pola cor e por que se che pica a branca das dez pasos e coa negra cinco”. Pero non vimos cobras. Eu non puden reprimir as ganas de tirarme dende o alto e fíxeno. Foi divertido a pesar de que a visión da mamba diante miña non me deixou pasalo ben de todo.

De volta paramos na duna 74, que vai papando ós poucos as árbores que sobreviven no fondo das ladeiras, pero non puidemos ver o anoitecer pois pechan o camping cedo e non está permitido acampar fóra, sería perigoso.

O día seguinte, de volta a Walvis, detivémonos no canón do río Sesriem. Dentro da súa canle estábase fresco. Paseamos o seu leito de río sen auga observando niños de paxaros e pombas nas paredes. Todos buscamos frescor no deserto. As paredes teñen furos e covas que seguramente a auga traducirá en remuíños curiosos de ver dende o exterior, dende a beira, cando o río vai cheo.

Pouco antes de Walvis Bay unha pequena tormenta de area fixo que comprobaramos a formación e movemento continuo das dunas, por veces non se vía a estrada e a area introducíase no 4x4 a través de non sabiamos onde, pero alí estaba. Veriamos tormentas máis grandes pero esta era a primeira e sorprendeunos.

condadohttp://www.blogger.com/profile/05661990997941790524noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8557489750764327786.post-49437165780410902952001-09-26T08:48:00.000-07:002009-04-30T11:23:11.681-07:00V Etosha

Cruzas espacios abertos de sabana e vas descubrindo ao lonxe estatuas-cebras, ñus atordados, gacelas, grandes kudus, miles de aves e, por fin: xirafas, bastantes xirafas, desconfiadas e fuxidías xirafas que non puideron escapar das miñas fotos.

Encantaríame baixar do 4x4 e buscar encadres pola area, entre as árbores, perseguir xirafas coa cámara e andar atento ó ruxido dalgunha fera: imposible, nin sequera está permitido sacar o corpo polas ventás e moito menos baixar do vehículo, e ademais non viaxo só, o cansazo é compañeiro de viaxe, vai moita calor e mirar animais comeza a resultar monótono. Dentro do parque, para avistar os animais, o máis importante é controlar as pozas onde van beber, así que eliximos o camiño máis directo ó camping coa intención de parar nunha última poza. A pista diríxese deica un pequeno bosque. Dende lonxe apreciamos penedos grandes no meio das árbores. Un movemento, ¿seguro? Déixame os prismáticos: ¡Elefantes, os penedos son elefantes! Seguimos a pista ata o bosque e conforme avanzamos, deixamos de velos porque máis os tapaba o mato. Non os viamos pero intuiamos que estaban alí e isto bastaba para que todo o demais non existise. Entre o mato daquel pequeno bosque había cebras, kudus xigantescos, gacelas saltarinas, ñus, miles de pombas... pero non existían.

Atardecía. O deserto arroupábase de cores que a area matizaba en contraluces quentes e espesos. Estaba acabando un día cheo de sensacións novas. Estabamos cansos e mirabamos sen falar para a pista de area. A sombra que proxectaba o 4x4 non tiña límites, parecía un debuxo animado a xogar entre mato e area. Á esquerda, un camiño indicaba a ultima poza antes do camping e entramos hipnotizados por tres sombras inmensas que o pór do sol proxectaba directamente deica nós, como se ó final da sába branca dunha cama alguén xogase con bonecos diante dunha lámpara. Foron os elefantes máis grandes que vin nunca. Cando chegamos á poza xa había outros coches parados. Todo era silencio e elefantes que bebían como camións cisterna nas gasolineiras. Nun momento, un deles fixo amago de dirixirse a nós patexando no chan, bramando e levantando nubes de po. Todo era inseguro diante aqueles dinosauros. E alguén dixo ¿e se agora non encende o coche?

Os campings tamén están rodeando unha poza. En Namutoni, onde estamos, un valado de arame sepáranos da sabana. Diante da poza, a uns cen metros, dispuxeron grades en semicírculo para poder observar os animais. Parece que esteamos no circo. Fomos alí despois de cear pero a parte da función especial do elefante pallaso, pouco mais. Despois de desaparecer o sol, unha luz amarela vai facendo palidecer a area e o azul do ceo faise máis intenso. Todo son siluetas dende o anfiteatro do camping, siluetas lonxanas e unha especie de gruñido que ninguén identifica: ¿serán leóns?.

Ao cabo aparecen, son rinocerontes, unha parella que mantén lonxe da poza centos de animais. Desque empezan a gruñir ata que chegan a beber pasa case unha hora en que ninguén se acerca. Os rinocerontes son poderosos. Ó redor da poza, mantendo a distancia, os orix son os mais atrevidos. No horizonte destacan as siluetas de tres xirafas inquedas e desconfiadas. Un gran rebaño de ñus aparece e vaise na procura de augas máis tranquilas. Hai centos de gacelas. Todos esperan para beber. Os rinos apenas beben, simplemente son os donos. Agora veñen onda nós atraídos se cadra pola luz e refungan moi perto do valado. Escoitase tututum, tututum, cada vez mais cerca. Non son tambores, é un elefante non moi grande que vén correndo de xeito raro, coma se fora un cabalo bravo que acaban de montar nun rodeo. Fai moito ruído e levanta moito pó. Rincha, dá un par de voltas como para saudar e despois bebe sen parar, moito tempo. De cando en vez asusta ós outros animais que se achegan á poza con bramidos e ata corre uns metros detras dos orix que non lle fan caso. Segue bebendo, déitase na area e dá voltas coma un can pulguento. Levántase e rincha de novo. Agora dá voltas en círculos como buscando o rabo. Bebe outra vez e marcha. Durante hora e media que duraron as súas pallasadas os rinos non apareceron; agora que se vai, a poza volve ficar baleira e escóitase o fungar dos rinos outra vez. Algúns animais vanse por fin, sen beber. As xirafas seguen expectantes como derradeiras sombras no horizonte da noite. Todo é negro sobre negro. Seguen a dar o coñazo os rinos e nós, imos durmir.

Estou aprendendo inglés: Only aparece por todas partes, todo es only. Por Ethosa, diferentes días e charcas: diferentes animais. A visión de algúns faiche perder a noción do tempo, hoxe foron os leóns, onte os rabaños de ñus e de gacelas. Vímolos moi lonxe pero sentiámolos perto. A beleza, a dor, o amor... Na natureza todo isto non é máis que vida movendo vida. Nós somos espectadores deste espectáculo dende o noso curruncho de benestar, contemplámolo sen que varíe a nosa orde das cousas. Dentro de pouco voltaremos ao Loch: Mundo aparte, lugar para ricos, illa de luxo fóra da realidade e fame de África...

O cansazo comeza a gañar a partida nesta viaxe: coche e Loch: Namutoni, Halali, Okakuejo. A monotonía invádeche se non tes un obxectivo, e aquí non hai máis obxectivo que observar animais ou pasar o día no loch a poñerte camarón perto das piscinas.
condadohttp://www.blogger.com/profile/05661990997941790524noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8557489750764327786.post-1671988900796913662001-09-25T23:41:00.000-07:002009-05-09T00:36:48.591-07:00V Territorio Himba

Pasados tres días Jesús recolleunos en Tsumeb camiño de Kaokoland, o territorio himba. Antes de Sesfontein acábanse as granxas e os arames, o terreo é libre para o pastoreo das tribos nómadas que viven en poboados feitos con catro paus e palla. Son os himba que camiñan seminús levando pouco máis cá súa dignidade de pastores de gado que non chegará ó sur de Namibia polos estrictos controis sanitarios que dividen o país con arame e postos fronteirizos. Tamén viven dos turistas deixándonos pasar ó seu poboado-museo ou pondo os pequenos a pedir polos camiños e pistas que atravesan as terras onde viven. Os pequenos piden: Swuite, swuite, e despois: Dólar, dólar. Son fermosos e atléticos, pero non é fácil entenderse con eles, desprezan a nosa forma de vida, fancho notar en cada mirada, cada vez que lles negas ou lles dás algo que xa consideraban deles, na distancia que manteñen, como teméndonos, coma cans desconfiados.

As fervenzas do río Kunene en Epupa Falls devólvennos á África soñada. Podes estar horas mirando e escoitando auga romper contra rochas, pulindo o tempo. Na outra beira do río está Angola, Angola e a guerra, o país máis rico e a guerra máis longa de África. As fervenzas forman bosques de palmeiras nas beiras do río e tamén supoño que pola humidade, pegados ó río hai baobabs, as árbores máis fermosas que conozo. Recollín sementes, tal vez un día as teñamos en casa. O canón que forma o río ten rochas suaves coma pel e cores difuminadas coma teas de seda. O ruído da auga despista o tempo e ficamos alí un bo rato aparvados... A fervenza, as palmeiras, os baobabs, a humidade, as cores... Baixei de último ó camping. Na porta un grupo de vendedores de artesanía rían ó mirarse nunha foto que alguén lles enviou. Estaban serios e dereitos diante dos trastos que vendían. Polas súas risas parecía que fora a primeira vez que se vían nunha foto. Allea os seus risos e sen amosar interese algún polas fotografías, unha muller himba recollía tamen a súa mercadoría. Ela, por suposto, non estaba na foto.

Ó día seguinte por un camiño de cabras cabalgamos en 4x4 seguindo o río Kunene, atravesando Epupa ata Ruacana. Moitas veces non había nin sequera camiño. Sen todoterreos non sería posible esta travesía. Recordo que Kapucinski falaba no seu libro Un día máis con vida do camiño de Epupa, “quen controla o camiño controla a guerra posto que non hai outra forma de entrar en Angola dende a Namibia suráfricana”. Os nenos himba saían a pedir ó camiño cando sentían os coches. Outros himba adultos e masculinos facían o camiño a cabalo seguidos pola súa muller e fillos. No camiño tamén vimos comerciantes angolanos. Baixei do coche para falar cun que viaxaba co seu fillo e seu burriño vendendo e comprando cabuxas que lle axudarían a aforrar un pouco e poder irse a vivir a Luanda, dicía. Outro comerciaba con cervexa, vendéndolles ós himbas e ós militares que controlaban os postos fronteirizos. Todos nos pedían de comer e tamén as garrafas de auga baleiras que os himba tamén compraban e utilizaban para facer pulseiras. O máis agradable para min foi poder falar con estes pequenos comerciantes en portugués.

Atravesamos ríos secos, postos militares con vertedoiro particular de botellas, miles, de cervexa. Rompemos unha roda do 4x4, fixemos 70 quilómetros polo camiño de Epupa á beira do Kunene –que moi poucos mortais fixeron– e acabamos desexando unha cidade, un lugar onde transitar en singular, e poder tomar unha cervexa fresca entre máis xente que nós os cinco: Tsumeb outra vez. Demos un paseo para encontrarnos poco despois nun bar atendido por unha portuguesa que, amablemente, así que soubo que eramos españois, púxonos a Julio Iglesias para inspirarnos mentras xogabamos ó billar. Ben, foi o primeiro contacto fóra dos Loch, falamos cos donos do bar, soubemos da riqueza mineral desta cidade, ceamos de restaurante e até nos atrevimos a buscar onde tomar unha copa, pero non, era día de semana e o único lugar aberto era o bar onde acababamos de estar. Alí voltamos.

condadohttp://www.blogger.com/profile/05661990997941790524noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8557489750764327786.post-33844549501670732672001-09-24T10:04:00.000-07:002009-05-10T23:12:15.844-07:00VII Victoria Falls. O regreso

A 80km de Kasane no río Zambeze, están as fervenzas Victoria -as máis longas do mundo- entre Zimbabwe e Zambia. Eliximos Zimbabwe, un camping, una cidade –Livingston– e dende alí contemplamos as fervenzas as que o explorador puxo o nome da súa raíña. A caída da auga óese desde bastantes quilómetros antes, e se poideses elevarte do chan apreciarías o vapor que producen dende moitos máis quilómetros de distancia. Mentres camiñas ó seu lado estás completamente empapado e tes que achantar as cámaras baixo o impermeable e sacalas no momento xusto da foto. É esgotador o paseo dende o monumento a Livingstone ata a ponte que une Zimbabwe con Zambia sobre o Zambeze.

O fastuoso e un tanto marulo hotel Victoria rodeado de caninos de elefantes por todas partes serve de centro á cidade que vive do turismo, do comercio de artesanía e do cambio de moeda que ofrecen por todas as partes.

A volta foi monótona: era a volta. Tocamos de camiño unha esquina do Kalahari e detivémonos nunha cooperativa de artesanía que levaban uns ingleses en Sehitwa. Comprobamos a imposibilidade de conducir de noite en África: toda a fauna utiliza a estrada para desprazarse e os accidentes producidos por este motivo durante a noite son a segunda causa de morte no país, despois da SIDA. Atravesamos en só tres días Botswana por Francistown, Nata, Maun e Ghanzi, e Namibia dende a fronteira de Buitepos por Gobabis até a súa capital Windhoek –onde fixemos por unhas horas vida de cidade– para chegar á feira de Okahandja, onde unha vez por mes se reúne medio Namibia para comprar e vender.

E de novo Walbis. Como faltaban dous días para a partida aproveitamos para ir de compras a Swakopmund e visitar o deserto de pedra que separa esta cidade de Cape Cross (Crus de Diego), o cabo onde viven miles de focas. Aínda deu tempo de esnaquizar anacos de sal rosa, vermello ou branco-azulado entre as salinas, perseguir reflexos das cores dos flamengos sobre a auga, buscar como se fora xa parte de min a lagoa e o paseo que a circunda, e os pelícanos; para sentir como parte da tarde a area quente na pel, na cara, entre os dedos; para adiviñar todo isto cando anoitece, recolléndome no meu bar favorito sobre a lagoa, sacando fotos de pelícanos cruzando o horizonte que cabe nunha ventá, como trazos de tempo, principio e fin, saída e chegada, Vigo–Walbis Bay, Namibia–Galicia.
condadohttp://www.blogger.com/profile/05661990997941790524noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8557489750764327786.post-20451165844785613602001-09-24T09:29:00.000-07:002009-05-09T10:02:47.537-07:00VI De Caprivi a Chove

Se miras o mapa de Namibia, o Caprivi esténdese como unha lingua entre Angola, Zambia e Botswana ata tocar Zimbabwe. É unha zona de comercio onde se fala ou entende portugués como en todo o norte fronteirizo e onde pensabamos comprar artesanía. Todos soñabamos co Caprivi. De camiño aló imos parando en postos da estrada, falando portugués e contentos. Nunha aldea preguntei por unha persoa que, me dixeran, facía tambores. Unha rapaza que vendía tarros de barro levoume até a casa do fabricante no poboado. Non había tambores, só un e non estaba rematado, estaba a secar. Mala sorte. Ao atravesar o poboado fixeime no interior das chozas, non había nada, nin xoguetes, nin roupa, nin auga... Nada. ¿De que vivían? Pois da estrada, de vender tarros de barro e colgantes de todo tipo feitos con sementes de árbores. Mais adiante detémonos noutro posto. ¿Tambores? Non, pero si había xoguetes de madeira infantís e simples. Compraríaos todos pero ¿para que? Estabamos a punto de entrar en Caprivi, que xa imaxinabamos como unha grande feira pegada á estrada. E chegamos a Caprivi, militares e un cartel: NO PASO. GUERRA. Segundo parece hai escaramuzas entre militares angolanos e UNITA e nas persecucións atravesan con frecuencia a fronteira tentando de escapar... Estamos no río Kavango, os camiños ou estradas van sempre seguindo os ríos e, dependendo do perigo, os soldados pasan dun lado a outro xa que nesta época do ano os ríos levan pouca auga e os soldados pouca ferralla, nada que ver coas pelis yankees. ¿Que significaba todo isto? Que non iriamos ó Caprivi, había que facer novos plans, outra ruta que nos levara até as famosas fervenzas Victoria.

De Rundu a Bagani e despois a Mahango, onde o río Kavango pasará a chamarse Okawango, formando un delta de máis de trinta mil quilómetros cadrados que se esvae no deserto de Botswana. É a maior rerserva de animais salvaxes que poidas imaxinar. Desandamos despois de falar coa policía ata Bagani e durmimos noutro paraíso: Popa Falls. As fervenzas escoitábanse pero non se vían. Apareceron entón uns nenos que fixeron de guías ata elas. Atravesamos palmeiras e vexetación espesa escoitando o ruído da fervenza até chegar por fin ó río. ¿Pero onde están? E os pequenos dixeron: Non ponte. Comoro. Un deles asubiou con forza e de máis abaixo, dende un pequeno poboado na beira do río saíron dúas embarcacións, como dúas piraguas escavadas nun tronco: comoros. Con outros dous pequenos a remar contracorrente até chegar a nós. Aseguraron que podiamos ir dous en cada viaxe. ¿Seguro? Si, si... “Big man wan”, dixo o barqueiro ó chegar, e así pasei eu, de primeiro nunha soa viaxe, mollando o cu e deixándome ir no comoro cando a corrente mandaba para baixo e a contracorrente despois, levado polo experto barqueiro, que non sei ben se tería seguro para este negocio. Foron pasando os demais polo río e pola miña cámara e unha vez xuntos, outra vez a andar sobre a area dos illotes que forma o río. E sobre esta area vimos claro o debuxo dun crocodilo arrastrándose. Stop. Miramos para o rapaz, e el coma se nada dixo: crocodail. E seguiu andando, e nós detrás. Despois de ver as pequenas fervenzas e rápidos do río Okawango, ó volver sobre os nosos pasos, o pequeno volveu rir e mirándonos dixo: “Crocodail pequeno, sempre que nos ve escapa”. Tiñan montado un bo negocio aquela panda de minchas. Non discutimos o prezo e quedaron contentísimos. Os máis pequenos aínda nos guiaron até a saída e tamén lles demos as moedas que nos quedaban, pero non entenderon que debían repartilas e aínda despois de subidos no 4x4 seguían repetindo que era inxusto: “Eu guiar ida e volta e só un dólar, outros só volta dous dólar”. Era inxusto quizais, pero non había máis moedas.

Esa noite bañámonos na piscina do Loch. Estabamos cansados, ceamos ben e fómonos desgranando de un en un para as tendas. Finalmente só Tote e eu quedamos falando e por veces discutindo até ben entrada a noite acompañados por unha copa fresca -facía moita e pegañenta calor- cando de pronto un ruído: catachof, e mais gruñidos e ruídos estraños mesmo detras de nós. Levantámonos asustados: ¡Hipos! Crimos que estaban na piscina tan perto coma os sentimos. Rapidamente veu un garda do camping cun potente foco a tranquilizarnos. Achegámonos con el até a orela do río e puidemos ver os ollos dos hipopótamos navegando na noite, na auga, e lonxe, na outra beira moitos hipos máis. Díxonos o garda que raramente viñan ata este lado do río pero creo que el, igual que nós, sabía que aquel estrondo fóra desta banda. Rodeando o lugar en que estabamos acampados ensinounos pegadas de elefante marcadas na area seca, dixo que era raro tamén. Estaba claro que este era un deses días raros.

Ó día seguinte tivemos que rodear todo o delta do Okawango ata chegar a Maun, unha pequena cidade de onde saen excursións ó delta. Esa noite non durmimos nas tendas do 4x4 senón nunha cabana do loch, con mosquiteira, cama e sabas limpas. Ceamos tamén opiparamente no restaurante. Despois de falar con excursionistas decidimos non parar nesta punta do delta, con pouca auga nesta época, e viaxar directamente á reserva do Chove, onde se xuntan moitos pequenos ríos que despois irán parar ó Zambeze, dándolle máis forza aínda para baixar en cascada en Victoria Falls. Pouco máis de... ¡700 km! Propuxen ir de avión ata Chove pero non houbo quorum. Tote e Cristina foron de carro. Así puidemos ver o delta do Okawango e tamén o Chove dende avioneta: Outro espectáculo. En Maun mentres esperabamos o voo de medio día paseamos pola cidade, pola feira, viaxamos en taxi, e entramos nunha exposición de artesanía feita por bosquimáns, os habitantes do deserto en Botswana e antes tamén de Namibia de onde os botaron a tiros.

A avioneta pousou en Kasane e unha furgoneta no Lodge do Chove. Diante do espectacular río e dunha refrescante cervexa esperamos por Tote e Cristina. Diante de nós, un grupo de excursionistas sentou en círculo ó redor do monitor que explicaba a xornada vindeira. Facíao en castelán e prestamos atención por se nos informaba de algo novo. Xa era case noite. De repente un estrondo, movemento das pólas perto da auga, gritos, a silueta dun hipopótamo e todos a correr e berrar asustados. O hipo deu media volta cunha especie de ronquido ventoso e voltou ó río: choff. Despois do susto case todo eran risas e a cousa foise calmando pouco a pouco. O monitor subiu a tomar unha cervexa preto de nós e despois de presentarnos explicounos que os hipos son os que máis accidentes producen en África e que xa tivera máis dun susto e máis dun accidente serio noutras excursións, pero que a xente seguía empeñada en viaxar por África e estar pegada ó perigo como nas pelis de exploradores. Entre risas e contos comprobamos coma os excursionistas decidían, logo dunha xuntanza urxente, mover o campamento máis arriba, máis lonxe do río.

O restaurante deste Lodge de Botswana era ó aire libre tipo self-service, con mesas e parasoles mirando ó atardecer, os reflexos da luz sobre as aves, as illas, o río, as siluetas de moitisimos animais... Unha promesa de que mañá sería un día completo. Mentres tanto nos puxemos as botas de carne de óstrix, cebra, Kudu e froitos e legumes cheos tamén de cores e sabores igualmente incribles e deliciosos.

De mañá cedo compramos billetes para o barco das tres da tarde, pois era o último e o atardecer sobre o río estaba asegurado. Mentres, visitamos Kasane.

Ás quince horas saímos do embarcadoiro nun barco que nos levaría sobre o Chove rodeando as illas que separan Botswana do Caprivi namibio xusto, xusto... onde nace o mundo: Todos os elefantes que poidas imaxinar, todos os búfalos, voitres, aguias pescadoras, patos, crocodilos enormes, iguanas, monos... a colección do national geografic ó completo... Cando volviamos, ó atardecer, co sol achantándose ós pucos polo Caprivi que non coñecería e as luces quentes sobre as ondas que o barco debuxaba nas augas do río Chove, sentín que esta viaxe terminara...

condadohttp://www.blogger.com/profile/05661990997941790524noreply@blogger.com0